Skip to main content
Sarria

A Unión acolle unha serie de actos en homenaxe a Matías Moreno

Por 14 Agosto, 2021Agosto 15th, 2021Sin comentarios

A Unión celebra o vindeiro 19 e 20 de agosto a Matías Moreno Experience, unha homenaxe ao artista sarriao Matías Moreno na que se realizarán numerosos concertos. As xornadas unen varios actos entre os que se encontra un coloquio, unha exposición e varios concertos -de grupos que incluso están separados- para recordar unha personalidade coñecida na vila.

Así pois, o xoves 19 de agosto celebrarase ás 19 horas a inauguración da Matías Moreno Experience cunha exposición. En canto ao venres 20, a xornada estará chea de concertos que darán comezo a partir das 17 horas.

Sen embargo, os actos iniciarán xa pola mañá, ás 11 horas coa apertura da xornada. Ás 11.30 horas realizarase un coloquio que virá a cargo de Merce Moreno. Manuel L. Poy, Julio Páramo e Manuel Portela. Xa ás 13 horas, celebrarase unha sesión vermú protagonizada polos Variables e Dirindainas.

Xa pola tarde, ás 17 horas comezarán os concertos de diferentes grupos sarriaos, algúns deles unidos para a ocasión, mentres que outros xa están en activo. Os grupos que actuarán nesta tarde especial son: Taninos Maduros Jazz Band, Eladio y los Míticos, Os netos de Matías, Malditos Roedores, Os estramonchos, Flying Boogaloos, Proyecto Valley, Sound Sisters, Me da igual, Los secos, Voltarém e Eoas.

Dúas xornadas cheas de música e de recordos co fin de realizar unha homenaxe que leva moitos meses pendiente a causa da situación sanitaria. Os actos levaranse a cabo na Sociedad Recreativa a Unión, o acceso será gratuíto e limitado ata completar aforo.