Skip to main content
Sarria

A Asociación de Comerciantes de Sarria organiza a VIII edición Outlet de verán

Por 19 Agosto, 2021Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria organiza este venres e sábado -20 e 21 de agosto respectivamente- a oitava edición do Outlet de verán do comercio sarriao.

Este evento levarase a cabo no Centro Comercial Urbano de Sarria e, durante estes dous días, os 27 establecementos participantes ofrecerán descontos coa finalidade de dar saída aos stocks de anos anteriores ou aos produtos excedentes da tempada de verán.

Calzado, roupa, roupa infantil, agasallos e complementos, son algunhas das diferentes variedades de produtos que se poderán adquirir polos clientes a un bo prezo. Todos os establecementos contarán cunha zona Outlet onde os clientes se poderán beneficiar dos produtos a prezo de saldo.

Os comercios participantes terán un distintivo visible nos escaparates e abrirán no seu horario habitual de apertura. Unha iniciativa que busca fomentar o mercado local e á que se invita a participar, con precaución e seguindo todos os protocolos de seguridade frente a covid19.