Skip to main content
Xermade

Convocan un curso de informática en Cabreiros

Por 24 Agosto, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A escola de Cabreiros acollerá a partir do 21 de setembro un curso de formación en Economía Social: Informática Básica financiado pola Rede Eusumo e que busca formar ás persoas na economía social utilizando ferramentas informáticas e de comunicación a través de internet.

A formación contará de 21 horas que se repartirán os martes, mércores e xoves de 15.30 a 18.30 horas. O horario está pensado para que a organización limita o aforo a 10 prazas e a inscrición deberá realizarse previamente a través do Concello de Xermade, no teléfono 982 501 001.

A difusión e formación en economía social completarase con visitas a diferrentes cooperativas, nas que se poderá ver a maneira de traballar e as vantaxes que a economía social proporciona ás persoas e ao territorio.