Skip to main content
Xermade

Lousada de Abaixo celebra as súas festas esta fin de semana

Por 22 Abril, 2024Sin comentarios

Lousada de Abaixo celebra as súas festas este sábado 27 e domingo 28 de abril. 

As celebracións darán comezo o sábado ás 13.30 cunha misa solemne e procesión para continuar cunha sesión vermú a cargo do grupo Alba. 

A verbena da noite volverá contar coa actuación do mesmo grupo e tamén da orquestra Los Player’s. O domingo a misa con procesión será tamén ás 13.30 e para rematar cunha sesión vermú amenizada polo grupo Jaque.

Dende a organización informan que o campo da festa estará cuberto cunha carpa. Indicaron tamén que as festas en Lousada de Arriba serán o día 8, coa participación de Los Satélites, e o 9 co grupo Kalima.