Skip to main content
Vilalba

Unha escultura de Manuel María estará na praciña da casa da cultura de Vilalba

Por 10 Agosto, 2021Sin comentarios

O Iescha, Instituto de Estudos Chairegos, donará ao pobo de Vilalba unha fermosa escultura en pedra de Manuel María tallada en granito a tamaño real e realizada maxistralmente por José Gómez de Bernardo.

Así, o 4 de setembro farase un acto conmemorativo de inauguración da obra escultórica de Gómez de Bernardo. A talla colocarase na praciña da casa da cultura de Vilalba mirando casa a esta e de costas á rúa dos Pepes.

Dende o Iescha tamén esperan que nun futuro a casa da cultura leve o nome de Manuel María pois “Manuel cantoulle a Vilalba e á Chaira enteira e tivo a deferencia de escoller esta vila para tomar asento como académico da RAG. O Pobo de Vilalba está en débeda con el”.