Skip to main content
Vilalba

O Iescha inaugura tres exposicions este venres

Por 24 Agosto, 2021Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o venres 27 de agosto de 2021 tres actos para inaugurar senllas exposicións con características distintas.

A primeira será a mostra Aquela nena de Sarria, un proxecto do colectivo Egeria consistente en 12 paneis que recollen os primeiros anos de Xela Arias. Poderá visitarse no auditorio municipal de Vilalba do 27 de agosto ao 16 de setembro, de luns a venres de 16:00 a 22:00. A inauguración será o venres 27 de agosto de 2021 ás 18:00 horas.

A segunda mostra é Sentires, de Eva C. García. Trátase de 21 debuxos de animais, imaxes icónicas ou caras de familiares e veciños e poderá verse na casa da cultura de Vilalba do 27 de agosto ao 17 de setembro en horario de apertura do local. A inauguración será o venres 27 de agosto de 2021 ás 19:00 horas.

Finalmente abrirá a mostra Tal como eramos, fotos para o recordo-x edición. Consiste en  210 fotografías do pasado século, de temática variada e repartidas en 35 paneis que poderá visitarse no auditorio municipal de Vilalba do 27 de agosto ao 30 de setembro, de luns a venres de 16:00 a 22:00. A inauguración será ás 20:00 horas.