Skip to main content
Ribadeo

Estase a mellorar a antiga escola da Rochela de Ribadeo

Por 12 Setembro, 2021Sin comentarios

Estase a mellorar a antiga escola da Rochela na que o goberno local “cobra aos veciños unha taxa de 400 euros polo permiso para a realización das obras”, din os populares ribandeses.

Nunha reunión mantida polo deputado autonómico, Daniel Vega, cos veciños da parroquia da Rochela explicaron que “estase a face run investimentos para eliminar barreiras arquitectónicas, substituír as ventás vellas por unhas novas e arranxar e pintar o local polo exterior e para equipamento de mesas e cadeiras. “É un investimento moi importante, co que mellorar a escola despois de ter xa realizado melloras fai dous anos por un importe de 6.000 euros neste centro social, ao que acoden os veciños cando se desenvolven actividades culturais, lúdicas, e onde a asociación de veciños realiza as súas reunións”, engadiu o popular.

Vega manifestou “botamos en falta investimento por parte do goberno municipal do BNG, que o único que fai é poñer paus nas rodas. Esta vez, o Concello, gobernado polo Bloque, cobrou unha taxa municipal por licencia de obra de 400 euros. Nós esperabamos  que non se cobrara esta taxa aos veciños, porque é un local social, público”, comentou Vega. 

O mesmo representante popular anunciou que “no próximo pleno pediremos que se exima de este pago aos veciños; os populares seguimos traballando e xestionando orzamento para beneficio do noso pobo, do rural, e en definitiva de Ribadeo”.