Skip to main content
Ribadeo

Nova edición do programa Educando en familia de Ribadeo

Por 22 Setembro, 2021Sin comentarios

O vindeiro luns, 27 de setembro, ás 11.00 horas nas instalacións da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo preséntase unha nova edición do programa Educando en familia, que conta co apoio da Concellaría de Ensino de Ribadeo. 

Educando en familia é un programa educativo que vai dirixido ás familias con nenos de idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos, co fin de contribuír á súa formación e axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos a través de actividades axeitadas a cada idade. 

Estas sesións son abertas a todos os nenos entre os 0 e 6 anos, aínda que asistan a outros centros educativos (colexios, escolas infantís…). 

Nesta primeira reunión informativa explicarase o funcionamento do curso, así como as actividades a realizar con nenos, sesións formativas, charlas… 

Para máis información as persoas interesadas poden contactar coa mestra-orientadora, Encarna, no teléfono 630 777 949.