Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAViveiro

A Volta Ciclista provocará cortes de tráfico a partir das 14.00 horas

Por 17 Setembro, 2021Sin comentarios

Concello de Viveiro informa sobre as restricións de cortes de tráfico con motivo da Volta Ciclista a Galicia en vías que transcorren polo termo municipal e que se levarán a cabo este sábado 18 de setembro, entre as 14:00 e as 15:30 aproximadamente.

Concretamente, os cortes de tráfico realizaranse nos tramos da LU-540 (estrada Muras-Viveiro), ao seu paso por Landrove, en dirección Chavín, a través da LU-161 (estrada Viveiro-O Valadouro).