Skip to main content
Axenda Caducada

Comeza en outubro en Xove un curso de competencias clave

Por 20 Setembro, 2021Outubro 4th, 2021Sin comentarios

O vindeiro luns 4 de outubro dará comezo en Xove o curso de Competencias clave. Neste curso prepararanse as probas que, cada ano, oferta a Xunta de Galicia en materias como matemáticas, lingua castelá, lingua galega e inglés.

O certificado de Competencias clave axuda na procura de emprego se non se ten a ESO ou formacións superiores.

O prazo de inscrición segue aberto e é gratuíto. Para apuntarse hai que chamar no teléfono 609 837 645 ou no correo bumeiburela@gmail.com, así como en calquera das oficinas de Burela e Foz.