A Asociación de Veciños de Reigosa continúa co seu impulso á feira polo que este mes ten programada unha nova actuación. Neste caso será o Grupo de Teatro do Hospital, que interpretará a obra O achado do castro.
Así, a cita do último sábado de mes, que terá lugar o 25 de setembro, a partir das 12.20 horas aínda que a actuación está prevista para as 21.30 horas.
Seguiranse todas as medidas e normas sanitarias.