Skip to main content
Axenda Caducada

Amigus organiza nas Pontes un curso sobre Arduino

Por 19 Setembro, 2021Setembro 25th, 2021Sin comentarios

A asociación da informática pontesa Amigus convoca para o próximo sábado un curso de iniciación a Arduino, unha plataforma de electrónica aberta para a creación de prototipos baseada en software e hardware libres fáciles de usar.

Neste obradoiro mostraranse as posibilidades que nos ofrece esta plataforma desde a programación, conceptos necesarios de electricidade e electrónica e dos diferentes dispositivos electrónicos que podemos incorporar aos proxectos.

O taller está enfocado a persoas adultas que queiran introducirse ás novas tecnoloxías.

Para participar no obradoiro, que é unha actividade gratuita, é obligatorio rexistrarse no formulario que ten a disposición do público a web da asociación. E unha actividade patrocinada pola Xunta de Galicia.

O inicio do obradoiro será as 10:30 horas ata as 13:00. Pode levarse o ordenador portátil e levar instalado o Arduino IDE, que pode atoparse en https://www.arduino.cc/en/software