Skip to main content
Agenda CaducadaAxenda Caducada

Folgoso do Courel organiza un concerto pola Festa da Castaña

Por 21 Setembro, 2021Novembro 7th, 2021Sin comentarios

O Concello de Folgoso do Courel organiza para o sábado 6 de novembro un concerto de Luar na Lubre no Campo da Feira de Seoane do Courel.

A actuación coincide coa data na que se tería que celebrar a Festa da Castaña. Por esta razón, tentarase manter vivo o seu espírito ata poder celebrala de novo, polo que tamén haberá postos nos que se vendan os produtos do Courel.

O espectáculo levarase a cabo ás 18 horas e está financiado polo Xacobeo 21-22. Así mesmo, a actuación é gratuíta, sen embargo, a causa da situación de pandemia o aforo é limitado polo que é preciso reservar as entradas no Concello.

Por outra beira, a causa da actual situación sanitaria, levaranse a cabo as medidas correspondentes.