Skip to main content
Sober

Licitadas obras de mellora e accesibilidade no Ceip Virxe do Carme de Sober

Por 22 Setembro, 2021Sin comentarios

O colexio CEIP Virxe do Carme de Sober recibiu no día de onte unha visita onde se anunciaron diferentes obras de mellora da eficiencia enerxética e accesibilidade que se van a realizar nel.

Según o titular do departamento educativo da Xunta, Román Rodríguez, cóntase cun orzamento de máis de 260.000 euros.

Rodríguez destacou que a oferta educativa en Galicia é tan ampla que a práctica totalidade dos alumnos de 3 a 11 anos teñen no seu concello un centro educativo. “Ademais –explicou– contamos coa rede de transporte escolar máis grande do Estado, concentrando o 21,6% do gasto de toda España, que dá soporte á escolarización dos máis pequenos independentemente do seu lugar de residencia”.

Biblioteca escolar de referencia

Ademais, programas como a estratexia do Goberno galego para as bibliotecas escolares inclúen accións específicas para o rural, como o programa Bibliotecas LÍA.2, do que forma parte o CEIP Virxe do Carme xunto con outros 24 centros, case todos do rural galego.

Todos eles reciben fondos específicos da Xunta coa finalidade de realizar unha intervención específica nos seus espazos (ampliación, mobiliario, equipamento, fondos da colección…), ademais de recibir orientación e asesoramento, para configurar na súa biblioteca o modelo de futuro destes espazos.

“Trátase –explicou o conselleiro– de bibliotecas dotadas de recursos tecnolóxicos e audiovisuais, moitas delas con emisora de radio no marco do programa Radio na biblio, como Radiuvín no CEIP Virxe do Carme, e con diferentes espazos que favorecen o traballo multidisciplinar”. O equipo da biblioteca do colexio de Sober é, ademais, moi activo na rede, a través de O blogue de Lectuvín e é un centro de referencia en materia de bibliotecas escolares na zona, colaborando mesmo con centros de diferentes localidades no desenvolvemento de programas.

Así mesmo, este ano creouse na Consellería de Educación unha nova liña de actuación dirixida a incentivar e apoiar ás bibliotecas escolares nos centros do rural non integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.

Mellora da eficiencia enerxética

Respecto das obras licitadas neste centro, o conselleiro explicou que o seu principal obxectivo é a mellora da eficiencia enerxética e do confort térmico do colexio. Os traballos consistirá na instalación de novas carpinterías de aluminio con rotura de ponte térmica, con vidro dobre baixo emisivo e con novas persianas. Ademais mudaranse os tubos fluorescentes existentes por luminarias LED, mais eficientes, e cambiaranse os radiadores de chapa por uns novos de aluminio.

A actuación inclúe, a maiores, a instalación de tarima flotante no salón de actos e a colocación dunha rampla de acceso para mellorar a accesibilidade ao centro. As obras contarán cun prazo de execución de tres meses.