Skip to main content
Guitiriz

Unha oficina en Guitiriz guía para presentar alegacións ao parque eólico Santuario

Por 3 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Guitiriz vén de habilitar unha oficina para guiar e axudar a presentar as alegacións aos veciños e veciñas afectados polo proxecto do parque eólico Santuario.

Este servizo estará dispoñible ata o luns, 6 de setembro, de 9 a 14 horas na casa do concello. É imprescindible solicitar cita previa no teléfono 982 370 109.

O persoal municipal axudará a cumplimentar debidamente un modelo tipo de alegacións e tamén a tramitar a súa presentación.