Skip to main content
Guitiriz

Abre de novo o taller de memoria de Guitiriz

Por 24 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Guitiriz vén de abrir o prazo de inscrición para unha nova edición do taller de memoria e estimulación cognitiva. Os interesados poderán anotarse ata o 11 de outubro.

Habilitaranse dous grupos; 1 en Guitiriz, onde as clases serán os venres ás 11.30 horas na Aula Cemit; e en Parga, os xoves ás 11.30 horas na escola das nenas.

Esta é unha actividade gratuíta e está dirixida ás persoas maiores de 50 anos. Existirá a opción de traballo a distancia con recollidas semanais de material no Concello.

Para formalizar a inscripción ou recibir información poden chamar ao 982 370 109.