Skip to main content
Axenda CaducadaAxenda TERRACHÁXAGuitiriz

Guitiriz fará unha homenaxe a Díaz Castro na entrega do Trapeiro de Honra

Por 27 Setembro, 2021Outubro 15th, 2021Sin comentarios

O vindeiro sábado día 2 de outubro, a AC Xermolos, a Asociación socio-cultural Lareira de soños e o grupo poético NPG Nova Poesía Guitirica coa colaboración do Concello de Guitiriz, organizan a homenaxe ao poeta dos Vilares Xosé María Díaz Castro polo 31 cabodano do seu pasamento.

O acto, terá lugar no cemiterio de Guitiriz ás 18:30 coa intervención de Alfonso Blanco, Xulio Xiz e Antón de Guizán. A poeta da NPG Nova Poesía Guitirica María Xosé Lamas recitará un poema dedicado a Díaz Castro.

Ao remate da ofrenda ao poeta, na Igrexa Vella de Guitiriz, terá lugar a entrega do VI Premio Trapeiro de Honra ao xornaliata de peixes vilaregas Germán Castro Tomé. Neste acto intervirán Pastora Veres, Alfonso Blanco e Xulio Xiz ademáis do homenaxeado Man Castro. Haberá tamén un recital da Nova Poesía Guitirica que celebra neste día 6 anos de existencia e actuará o grupo poético musical Corredores de sombra.
O acto é aberto ao público até completar o aforo e coas medidas sanitárias do covid.