Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca TERRACHÁXARibeira de PiquínRiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Aldurfe maniféstase contra a planta de transferencia de Sogama en Riotorto

Por 27 Setembro, 2021Setembro 30th, 2021Sin comentarios

Veciños e alcaldes da comarca manifestáronse cunha tratorada improvisada pola parroquia para visibilizar o su total rexeitamento ao proxecto.

Os veciñas de Aldurfe no Concello de Riotorto tiveron coñecemento de que dende o Concello se cedera unha finca situada no lugar do Franco coa intención de construír unha planta de transferencia para o acopio e distribución dos residuos dos concellos de Riotorto, A Pastoriza, A Pontenova, Pol, Ribeira de Piquín e Meira. A planta, de máis de 6.000 metros cadrados, recibirá tamén os residuos FOSUR (residuos orgánicos) dos concellos mencionados e doutros como A Fonsagrada, Baleira, Cospeito e Vilalba.

Este proxecto, “feito de costas a veciñanza”, foi coñecido o pasado venres cando o Concello organizou unha asemblea informativa para comunicar ás veciños a súa construción. Esta pranta, que se situaría a menos de 100 metros dunha casa e de varias explotacións gandeiras, e situada nunha zona de produción agraria e gandeira, provocou un forte rexeitamento entre a veciñanza, tanto polo impacto que o proxecto pode ter nas súas vidas (cheiro, tráfico pesado por viais rurais…), como polo ocultamento por parte do concello do proxecto ata unha fase moi avanzada do mesmo.

Este mesmo luns, e aproveitando a visita da Conselleira de Medio Ambiente Angeles Vázquez para presentar o proxecto no mesmo lugar onde se pretende construír, a veciñanza manifestouse e organizou unha tractorada improvisada pola parroquia para visibilizar ante a Consellería o seu total rexeitamento a este proxecto.

Dende a veciñanza reclamaron á Conselleira que se ubique a pranta nunha zona de uso industrial, como vén acontecendo con este tipo de proxectos, e canto menos que non afecte a poboacións e a terreos de uso agrario. Mostráronlle a súa preocupación “polos cheiros que poden desprender, a preocupación de que poidan voar plásticos e outros materiais e rematar nas parcelas de uso agrario, e a pouca garantía do tratamento que se vai a facer coas augas de lixiviado nunha zona onde pasta o gando e nacen numerosos acuíferos”.

Así mesmo, os alcaldes Socialistas da Pontenova, Darío Campos; Meira, Antonio de Dios; Pastoriza, Primitivo Iglesias; Pol, Lino Rodríguez e Ribeira de Piquín, Roberto Fernández amosaron tamén o seu rexeitamento.

Os socialistas apoian as reivindicacións da veciñanza da parroquia de Aldurfe que se opoñen a que se instale neste núcleo rural esta nova planta de residuos. 

“Tal e como puidemos comprobar no día de hoxe os veciños opóñense a esta ubicación xa que esta demasiado preto das súas vivendas e das súas explotacións gandeiras, polo tanto dificultaría o seu traballo diario e tamén conta con peores accesos para esta planta”, advirten os rexedores socialistas. “Polo tanto botamos en falta máis diálogo cos veciños, e máis sentido común por parte da administración autonómica e o Concello de Riotorto para esta ubicación”, din.

Nesa liña os alcaldes socialistas lembran que nestes intres xa existe un emprazamento idóneo para a ubicación da planta de residuos na Comarca. “Dende o noso punto de vista esta instalación debería construírse no Punto Limpio Serra de Meira, que xa conta con dotacións, espazo e accesos para este proxecto, e polo tanto aforrariamos en custes e non afectaría á veciñanza”, sinalan.