Skip to main content
Vilalba

Comezan hoxe a funcionar os servizos de Madrugadores en Vilalba

Por 27 Setembro, 2021Sin comentarios

Hoxe entraron en funcionamento os servizos de Madrugadores na Escola de Educación Infantil, e nos CEIP Manuel Mato Vizoso e Antonio Insua Bermúdez.

Unha vez aprobado o regulamento polo pleno do Concello e publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o 23 de setembro despois do prazo de exposición pública, as nenas e nenos inscritos comezan co servizo, tras publicarse a listaxe de admitidos nos tres centros.

A posta en marcha deste servizo vén condicionada polas protestas xeradas polo alumnado e grupos da oposición xa que non puido dar comezo co inicio do curso, tal e como se demandaba e sucede no resto de localidades, nas que empeza a funcionar o primeiro día de escola.

O servizo de Madrugadores ofrece garda e custodia dos pequenos nos mesmos centros entre as 7:30 e as 9:30 horas e ten como finalidade de conciliar a vida laboral de familiar.