Skip to main content
Axenda TERRACHÁXAXermade

O Encontro de Torneiros arrinca este venres en Xermade

Por 15 Setembro, 2021Setembro 16th, 2021Sin comentarios

A localidade de Xermade converterase de novo este ano no centro da tornería europea grazas á celebración presencial do XXI Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, que terá lugar entre os días 17 e 19 de setembro. Como xa é habitual, Xunta e Deputación colaboran neste evento de divulgación do oficio tradicional da tornería, que está organizado polo Concello de Xermade.

Despois dunha edición exclusivamente en liña no 2020, nesta edición vólvese ao formato presencial no que se inclúen demostracións de profesionais de recoñecido prestixio internacional coma o francés Romuald Clemenceau, o oscense Fran Ferrer e os galegos Adrián Pena, do obradoiro Xar Arte en Madera (Vigo), e Manuel Lolo Castro, Premio Traxectoria nos Premios Artesanía de Galicia 2018.

Durante tres días, Xermade volverase converter no centro do torneado artesanal da madeira, onde cada ano acoden profesionais non só de toda Galicia senón tamén do resto de España e de Europa, e recupérase un espazo de intercambio e aprendizaxe para profesionais e afeccionados.

A colaboración coa organización deste tipo de actividades de impulso á conservación dos oficios artesanais tradicionais forma parte da estratexia da Xunta de Galicia para impulsar e consolidar o sector artesán. A recuperación, o mantemento e a divulgación de profesións ancestrais constitúe unha ferramenta de dinamización social e de divulgación da nosa cultura, ademais de establecer referentes para os novos profesionais que se achegan a Artesanía de Galicia.

PROGRAMA

VENRES, 17 de setembro de 2021 (de 14:00 as 16:00 péchanse as actividades).

12:00 Inauguración oficial.

10:30-19:30 Demostracións:

  • Adrián Pena.
  • Fran Ferrer.
  • Lolo Castro.
  • Romuald Clémanceau.

10:30-19:30 Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.

10:30-19:30 Exposición de pezas torneadas aportadas polos participantes.

10:30-19:30 XIIICONtornos. Exposición Itinerante de madeira torneada 2019 .

SÁBADO, 18 de setembro de 2021 (de 14:00-16:00 péchanse as actividades).

10:30-19:30 Demostracións para o público:

  • Adrián Pena.
  • Fran Ferrer.
  • Lolo Castro.
  • Romuald Clémanceau.

10:30-19:30 Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.

10:30-19:30 Exposición de pezas torneadas aportadas polos participantes.

10:30-19:30  XIIICONtornos. Exposición Itinerante de madeira torneada 2019 .

18:00-19:30 Escolma das pezas para a Exposición Itinerante XIV CONtornos 2021-22.

DOMINGO, 19 de setembro de 2021 (as 14:00 rematan as actividades).

10:30-14:00 Demostracións para o público:

  • Adrián Pena.
  • Fran Ferrer.
  • Lolo Castro.
  • Romuald Clémanceau.

10:30-14:00 Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.

10:30-14:00 Exposición de pezas torneadas aportadas polos participantes.

10:30-14:00  XIV CONtornos. Exposición Itinerante de madeira torneada 2012-22 .

10:30-14:00 Presentación da Exposición Itinerante XIV  CONtornos 2021-22.

13:00 Clausura oficial.