Skip to main content
Axenda Caducada

Nordés organiza unha saída ao campo para as súas Xornadas Micolóxicas

Por 12 Outubro, 2021Outubro 17th, 2021Sin comentarios

A asociación Nordés organiza unha saída ao campo para as súas Xornadas Micolóxicas para así aprender cousas do mundo dos fungos e cogumelos da man de convidados expertos: como collelos sen cometer unha desfeita, diferenciar as especies que son velenosas ou sen valor culinario das comestibles, como cociñalas, conservalas, desecalas….

Nesta ocasión a actividade prevista vai consistir nunha saída ao monte o domingo 17 de outubro da man de Xosé Luis Cuba, e para a que é preciso reservar posto, polo que facilitan o teléfono de contacto:653 756 454 (Ricardo).

O custe da mesma é de 10 euros para as persoas non asociadas, e de balde para as nordesteiras e nordesteiros. A única obrigación é a de levar paxe, sendo aconsellable a roupa axeitada, a navalla, o bocadillo e a bebida da que cadaquén disfrute mais nestas ocasións.