Skip to main content
Axenda Caducada

A Pastoriza rende homenaxe este domingo a Xosé Seivane

Por 1 Outubro, 2021Outubro 3rd, 2021Sin comentarios

Este domingo, 3 de outubro, terá lugar no Salón de Actos do Concello da Pastoriza unha homenaxe polo centenario do nacemento de Xosé Seivane.

Estes actos comezarán ás 16 horas en fronte da Casa da Música Xosé Seivane, coa doazón dunha gaita por parte do Obradoiro de Gaitas Seivane para continuar coa interpretación da Marcha do Antigo Reino de Galicia e un posterior pasarrúas interpretando a Muiñeira de Curuxeiras ata a praza do Concello onde no Salón de actos seguirá a celebración.

Posteriormente presentarase o libro Xosé Seivane. A gaita con maiúscula e Susana Seivane ofrecerá un pequeno concerto para presentar o seu último disco Dende o meu balcón. Haberá tamén un coloquio para falar sobre a figura do maestro gaiteiro.

A esta tan merecida homenaxe, presentada e conducida polo alcalde Primitivo Iglesias, está invitada toda a veciñanza.

Haberá tamén unha pequena mostra dos instrumentos máis emblemáticos do construtor de gaitas e das últimas creadas no obradoiro. Estará ubicada na entrada do Concello.