Skip to main content
Axenda Caducada

O domingo das mozas será a XXIII Mostra de música tradicional

Por 8 Outubro, 2021Outubro 10th, 2021Sin comentarios

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza de novo a que será a XXIII edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, mostra que contará coas actuacións de 15 grupos de música tradicional galega, chegados dende distintos puntos da xeografía galega e da comarca Eo Naviega, e con distintas formacións (grupos de gaitas, pandeireteir@s, treboadas, murgas, etc… ) que  encherán da nosa música o casco vello da cidade no día máis emblemático das festas. 

Os grupos participantes na mostra actuarán en horario de mañá e de tarde no casco histórico da cidade, facendo pasarrúas por distintas prazas e rúas, de tal maneira que toda a  xente que entre na cidade, sexa recibido co son da nosa musica tradicional.  Unha edición especial cun formato un pouco diferente, adaptado á situación que estamos  vivindo, e coas medidas de seguridade esixidas por mor da covid19. 

Os Grupos participantes nesta edición son @s Retorcid@s de Pontesampaio, As falas Eonaviegas da comarca Eo-Navia, A Gaita de Galleto da Terra de Melide, Berros do Castro de San Sadurniño, De Pé Feito de Ourense, Lubicáns de Ourense, Pandeireteiras Ergutío de Baños de Molgas, Pandeireteiros de Cántigas e Frores de Lugo, Paraíso Canto de Ourense, Sadeo Pandereteiras de Ponteareas, Silva Redonda de Rianxo, Son Galego Treboada de Gondomar e Tumba e Dalle de Barreiros.

Pola mañá os grupos sairán ás 11.30 horas facendo un pasarrúas polas distintas rúas do centro urbán amurallado, ata as 14.00 horas. Pola tarde repetiranse as actuacións a partir das  17.30 horas, para logo rematar ás 18.30 horas.  

Pola tarde, continuarán gozando da música tradicional na praza de Santa María, xa que este ano, nesta XXIII Mostra, realizaremos de novo o Festival de música tradicional ás 17.45 horas cos concertos de Lulavai de Vigo e Comando Curuxás da Comarca da Ulloa.