Skip to main content
Axenda Caducada

A sala de exposición do Concello de Lourenzá acolle unha mostra sobre Luís Seoane

Por 21 Outubro, 2021Outubro 24th, 2021Sin comentarios

A sala de exposición do Concello de Lourenzá acolle dende o domingo 24 ao 19 de novembro unha mostra sobre Luís Seoane. A mostra inagurarase o domingo 24 ás 13.00 horas.

Seoane foi un editor, escritor, xornalista, ilustrador, gravador, ceramista e pintor galego. É un dos artistas máis completos de Galicia e o primeiro en decantarse decididamente por diferentes medios de expresión dunha maneira aberta e contemporánea.