Skip to main content
Lugo

O Pleno descarta as propostas populares sobre o centro histórico de Lugo

Por 1 Outubro, 2021Sin comentarios

O Pleno do Concello de Lugo descartou onte a moción presentada polo PP para que o se inclúan no fondos Next Generation un gran parking soterrado no entorno do casco histórico. Así mesmo, tampouco foi para adiante aquela outra na que se falaba de solicitar para o centro histórico da vila a distinción de Patrimonio da Humanidade.

O Partido Popular propuxo á alcaldesa de Lugo que encaixe dentro do deseño da peonalización do casco histórico, que se vai financiar con fondos europeos, a construción dun gran aparcamento para dar servizo ao pequeno comercio, á praza e ao fluxo de visitantes que se achegan ao recinto amurallado  a diario. Unha das propostas lanzadas hai un mes polo PP para estes fondos era precisamente a peonalizción do que falta do casco histórico, pero ten que ir necesariamente unido a dar posibilidades de estacionamento  para a zona, do contrario seguirá o goteo de peches dos negocios do casco histórico.

Para os populares é unha mágoa que “o PSOE e o BNG rexeiten a man tendida do PP para consensuar nunha mesa de traballo todos os proxectos que se financien cos fondos europeos. Da alcaldesa, esta negativa, era previsible porque é incapaz de recoñecer que dende as filas populares facemos unha política útil para a veciñanza pero, do BNG, sorprende porque tal e como están as cousas moito nos tememos que non se van a enterar de nada de nada xa que entre os socios do bigoberno o diálogo é cero, concluíndo son o mellor exemplo da Pimpinela no que se converteu o bigoberno na política local”.

Antonio Ameijide lembrou a Méndez que o gran cambio do casco histórico foi hai 20 anos cun goberno do Partido Popular “botamos en falta un xesto de xenerosidade da alcaldesa que xa vemos só pensa nos réditos políticos e, de feito, os proxectos que presentan carecen dunha visión completa de aí que rexeite a proposta que hoxe lle fixemos de planificar a peonalización contando coa construción dun gran aparcadoiro soterrado”.

Dende as filas populares insisten en que una comisión de control dos investimentos dos fondos europeos é vital para evitar gastos “cuestionables como un carril bici que complica a vida dos veciños de varios barrios; unha pasarela inútil a cinco metros dun paso subterráneo; ou a construcción de piscinas de auga quente dun quentador pegadas ao río. Por non falar de edificios millonarios para os que seguen sen saber que uso lle van a dar, a parte das fotos da alcaldesa.

O Grupo Popular presentou o pasado 23 de agosto varios proxectos  como o impulso das peatonalizacións no casco histórico, a mellora das zonas verdes a través da unión dos parques Rosalía de Castro, Marcos Cela e do Miño ou a unión dos paseos do Miño e do Rato; a mellora da mobilidade na cidade con carris bici útiles, puntos de recarga para bicis, patinetes eléctricos ou coches eléctricos; ampliación aparcamentos disuasorios, creación dun sistema rotatorio do aparcamento gratuíto e mellora no transporte urbano e transporte a demanda no rural.

Esta proposta foi rexeitada polo equipo de Goberno alegando que non habería tempo material para acometer esta obra antes de 2023, data tope para facer os traballos.

PATRIMONIO DA HUMANIDADE

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, amosou a súa sorpresa despois de que Lara Méndez votase en contra de que o Concello de Lugo siga a traballar para que o casco histórico da cidade sexa nomeado como Patrimonio da Humanidade.

Recordou Ramón Carballo que no San Froilán do 2019 a alcaldesa de Lugo “sumábase a unha iniciativa para iniciar os trámites precisos para que o casco histórico de Lugo fose candidato a Patrimonio da Humanidade, iniciativa que non chegou a fraguar e que é unha lástima non retomar, xa que toda actividade que axude a traer actividade económica e a facer da cidade un lugar acolledor para os seus habitantes é fundamental de cara ao futuro. Fagamos de Lugo unha cidade atractiva para os seus veciños e para os visitantes.Poucas cidades teñen a riqueza patrimonial, cultural e natural que ten a cidade de Lugo. Cada recuncho da nosa cidade ten unha historia e é a nosa obriga rentabilizar os recursos dos que dispón para facer de Lugo un destino atractivo. Se se fai un traballo serio e se presenta unha candidatura traballada e ambiciosa poderíamos ser a única cidade que teña catro bens declarados Patrimonio de la Humanidad”.

“Pero para levar a cabo esta iniciativa compre poñerse a traballar de inmediato, para facer do casco histórico un candidato solvente e merecedor desta distinción, insisten.

“Pero a realidade é tozuda e a día de hoxe temos un recinto amurallado que está moi lonxe de ser un lugar do que sentirse orgullosos. É difícil estar conforme cando vemos a zona da catedral nas noticias nacionais polos efectos do botellón, sen que haxa ningún plan de limpeza, de prevención de botellón, ou de ocio alternativo para os rapaces que buscan nestas zonas ocupar o seu tempo de lecer”, engaden.

LUGO CIDADE INCLIVA

Os populares tampouco entenden que o goberno local se negase a apoiar a posta en marcha dunha estratexia de traballo coordinada, entre as áreas nacionalistas de cultura e de vías e obras e as socialistas de servizos sociais e urbanismo, para promover un Plan Estratéxico de Turismo Accesible.

A idea é que Lugo, cos seus tres patrimonios da humanidade, sexa un destino de turismo inclusivo a partir deste 2021 de forma que calquera persoa, poida gozar sen impedimentos de todos os servizos turísticos que ofrece esta cidade.

ATENCIÓN PRIMARIA

Os populares tamén defendían unha proposta para a defensa da atención primaria, que o goberno local tamén optou por denegar, para instar ao Goberno central a facilitar a cobertura de persoal médico na atención primaria.

Os populares pedían que se pedise ao Goberno de España unha habilitación, de forma extraordinaria, dos centros de saúde necesarios para que teñan a consideración de centros  acreditados para a formación, así como aos profesionais especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria, unha convocatoria extraordinaria de prazas MIR para incorporar mais profesionais ao sistema sanitario galego e ás reformas estructurais precisas para flexibilizar e axilizar o procedemento de acreditación de unidades docentes e os seus requisitos, permitindo a formación anual de máis profesionais especialistas.

FACTURA DA LUZ

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular critican a Lara Méndez por negar o seu apoio a unha iniciativa, que si se aprobou grazas aos votos a favor do PP e Cidadáns e a abstención do BNG, para reducir o custo da factura da luz aplicando medidas como a rebaixa do IVE da electricidade do 21 ao 10%, a rebaixa do imposto sobre o valor da producción de enerxía eléctrica ao 0% ou unha revisión dos tramos horarios.