Skip to main content
Lugo

Constituído o comité técnico que se encargará das vindeiras edicións de ExpoLugo A Rural

Por 6 Outubro, 2021Sin comentarios

A mostra agrogandeira ExpoLugo A Rural concluíu este domingo coa vista posta nas vindeiras edicións. O domingo, coincidindo coa última xornada da feira, constituíuse un comité técnico que se encargará do asesoramento de cara á organización das próximas citas.

A posta en valor da produción agrogandeira da provincia de Lugo manterase como prioridade da mostra que reforzará as actividades dirixidas á promoción e exaltación da calidade dos produtos e á formación no ámbito da profesionalización dos sectores produtivos, dous ámbitos nos que xa se introduciron novidades nesta edición.

Así, durante as dúas xornadas realizáronse degustacións profesionais, con receitas a base de produtos de razas autóctonas elaboradas por cociñeiros recoñecidos como Héctor López (Restaurante España, Lugo), Nardo Eiroa (Restaurante Canedo, Lugo), Alejandro Méndez (Os Cachivaches, Lugo), Iñaki Bretal (O Eirado da Leña, Pontevedra), Santiago Almuíña (Restaurante Colón, Lugo) e Diego López (Bulló Xantar, Lugo). Ademais, o programa de feira incluíu un relatorio de Daniel Franco Ruíz, xefe de investigación agroalimentaria do Centro Tecnolóxico da Carne sobre aspectos que o consumidor debe ter en conta sobra a produción e o consumo de carne.

O grupo de traballo, que se reunirá de forma periodica, estará presidido polo veterinario Jesús Cantalapiedra e integrarano representantes das asociacións agrogandeiras que veñen participando na feira – a Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga), a Asociación de Criadores de Porco Celta (Asoporcel), a Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga) e a Federación Galega de Razas Autóctonas (Boaga) -, os presidentes do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo e do Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, ademais de persoal técnico da área de Medio Rural da Deputación de Lugo e da delegación territorial da Xunta de Galiza da xerencia do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

As persoas participantes na reunión de constitución do comité técnico foron Iván Rodríguez, director técnico de Asoporcel, José Luis Guillín, veterinario e técnico de Puraga, Laura López, directora técnica de Acruga, Olga Iglesias, veterinaria e xefa da consellería de Medio Rural, Rubén Pérez, xerente da Fundación do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, José Luis Benedito, presidente do Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, Jesús Cantalapiedra, veterinario da Xunta de Galiza, Carlos Rodríguez, enxeñeiro agrónomo e asesor rural na área de Medio Rural da Deputación de Lugo, Marcos Vázquez, presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo e Francisco José Monasterio, directivo de Boaga e presidente de Avimos.