Skip to main content
Lugo

Os comerciantes da Praza de Abastos regresaron aos seus postos

Por 8 Outubro, 2021Sin comentarios

Esta mañá os comerciantes da Praza de Abastos regresaron aos seus postos, logo da última remodelación que tivo lugar nas instalacións municipais.

Así, comezaron a instalararse os praceiros dende primeira hora da mañá e trasladaron boas sensacións polas obras acometidas e falaron dal gunhas deficiencias na organización deste primeiro día da asignación de postos.

Nestas obras de mellora leváronse a cabo traballos en materia de accesibilidade como a instalación dun novo ascensor e favoreceuse a comunicación entre pisos cunha rampla, ademais de adaptar o espazo para o mercado de martes e venres así como para outro tipo de eventos.

A intervención, que se programou inicialmente ao abeiro do Plan Urban, supuxo, en total, un investimento público de arredor aos dous millóns de euros.

Segundo o Executivo local “a rehabilitación realizada pon de manifesto a dinamización desta contorna e, nomeadamente, da Praza e o Mercado pola importancia que estes espazos teñen como foco de atracción turística, porque axudan á protección de edificios emblemáticos nos que están situados e ademais promoven hábitos de alimentación saudables e favorecen a economía local grazas a que se consumen máis produtos autóctonos, de proximidade, e son, en definitiva, lugares de convivencia veciñal e familiar”.

Entre as obras realizadas figura o cambio da cuberta do edificio, a modificación da entrada á planta semisoto e da fachada, o aproveitamento da superficie comercial, cunha nova distribución dos usos así como diversas melloras na eficiencia enerxética e na xestión de residuos.

“O que supuxo avanzar no modelo de cidade sostible que defende Lugo pero tamén na estética das instalacións e no seu confort ao gañar en visibilidade en todo o interior do edificio e ampliar as zonas de tránsito, poñendo en valor o patrimonio histórico e cultural xa que, asemade, recuperouse parte da calzada romana que quedou ao descuberto no túnel que comunica o recinto comercial co estacionamento soterrado de Santo Domingo, avanzando tamén na comodidade para as e os usuarios, especialmente nos días de choiva ou moito frío”, engadiron.