Skip to main content
LugoViveiro

Imparten cursos de benestar animal en Lugo e Viveiro

Por 21 Outubro, 2021Sin comentarios

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), ten previsto celebrar nos vindeiros días varios cursos sobre benestar animal no transporte. O primeiro, que dará comezo o venres 22 de outuboro, será no edificio multiusos da Xunta en Lugo e o segundo será no salón de actos da xefatura territorial da Consellería do Mar en Celeiro, no concello lucense de Viveiro.

Ao longo de 20 horas lectivas, abordaranse temas como a saúde e a seguridade no traballo, o manexo, a hixiene e a prevención sanitaria ou a lexislación sobre benestar animal. Así, o obxectivo é ofrecer aos alumnos os coñecementos necesarios neste eido para que poidan desenvolver debidamente todas as tarefas relacionadas co transporte de animais.

Canto aos participantes, a acción están dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.

Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Precisamente nesta páxina poden atoparse os referidos cursos e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes. Para asistir ao curso de Lugo, o correo electrónico de referencia é jesus.juan.cantalapiedra.alvarez@xunta.es e o teléfono o 982 294 933, mentres para acudir ao de Viveiro haberá que poñerse en contacto co enderezo remedios.soto.lorenzo@xunta.gal ou co número telefónico 982 555 050.