Skip to main content
A Pobra do Brollón

Chegan novidades do festival As Cores do Outono

Por 14 Outubro, 2021Outubro 15th, 2021Sin comentarios

Xa están publicadas as medidas de seguridade do festival As Cores do Outono, que se levará a cabo na Pobra do Brollón esta fin de semana -16 e 17 de outubro-. Será unha edición completa con diferentes eventos relacionadas coa poesía, o baile, o teatro, a maxia e, por suposto, a música.

En primeiro lugar, todas as persoas que accedan ao recinto deberán ser identificadas. Así mesmo, todos os participantes poderán circular polo recinto nas distintas áreas respectando a normativa. Haberá tres áreas.

Por unha beira, estará a área de baile na que non se pode acceder con bebida nin con comida. Así mesmo, é obrigatorio o emprego de máscara e estará prohibido fumar. No caso da área de consumo, poderase retirar a máscara tan só no momento da consumición e poderase fumar nos lugares indicados e respectando as distancias.

Finalmente, está a área de cadeiras onde se deberá permanecer sentado, mantendo a distancia de seguridade e retirando a máscara tan só no momento de consumición. Así mesmo, tampouco se poderá fumar.

Unhas medidas de seguridade para gozar dun festival seguro á par que ameno. Ademais, a fin de evitar colas e alixeirar o acceso ao recinto, dende a organización pregan reservar previamente no teléfono 650 624 828 (por WhatsApp preferiblemente), tanto para os concertos, como para o resto de programación de As Cores de Outono.