Skip to main content
A Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón acolle unha saída micolóxica e unha visita a Penas do Castelo

Por 29 Outubro, 2021Sin comentarios

No día de mañá, sábado 30 de outubro, chega a Pobra do Brollón unha saída micolóxica que virá unida á visita de Penas do Castelo. Esta iniciativa, organizada polo Concello da Pobra do Brollón xunto coa Xunta de micoloxía Os Lactouros e o clube de montaña Buxán CM, reúne micoloxía, arqueoloxía, sendeirismo e gastronomía.

Desta maneira, realizarase unha saída micolóxica en busca de cogomelos, acompañados por grandes coñecedores e, posteriormente, visitarase o xacemento de Penas do Castelo – Arqueoloxía de Aldea.

A cita realizaras en Salcedo, o sábado 30 de outubro. Así mesmo, para rematar a xornada, todas aquelas persoas que o desexen poderán quedar a cear na Cantina de Julia xabarín con cogomelos (haberá opción vexetariana).

Para poder participar é preciso inscribirse antes do vindeiro xoves 28 de outubro. Para máis información ou para apuntarse, pódese contactar co número de teléfono 650 624 828.