Skip to main content
Quiroga

Quiroga celebra o Día da Muller Rural cunha exposición

Por 15 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello de Quiroga celebrará o Día da Muller Rural cunha exposición das fotos de varias mulleres emprendedoras da vila quiroguesa. Trátase dun proxecto fotográfico denominado Mulleres da Vila que se realizou dende o Centro de Información á Muller.

Quince foron as mulleres empresarias que participaron na elaboración deste reportaxe fotográfico que quedará na súa propiedade, e para o que se comprometeron a elixir unha das fotos coas que se sintan máis representadas para a súa exposición.

Este proxecto, que pretende visibilizar ás mulleres emprendedoras e empresarias do noso municipio como recoñecemento a ese plus de valentía que ten o iniciar negocios en lugares pequenos – como remarcan dende o CIM- presentarase mañá coincidindo co Día da Muller Rural. A presentación terá lugar hoxe, 15 de outubro, na sala de exposicións Manuel María, a partir das seis da tarde.