Skip to main content
Sober

Sober oferta o programa de animación O Eirado das Letras

Por 6 Outubro, 2021Outubro 7th, 2021Sin comentarios

O Concello de Sober lanza este outono o programa de animación sociocultural O Eirado das Letras dirixido a persoas maiores de 55 anos.

A idea é continuar coa actividade do Club de Lectura Pintor de Castinande sumando novas actividades como a estimulación cognitiva, as relacionadas co mundo dixital, actividades lúdicas ou excursións, entre outras.

Trátase de crear un espazo de encontro, participación e intercambio de opinións e experiencias.

A actividade comezará o martes 19 de outubro e terá lugar todos os martes ás 18 horas na Biblioteca Pública Municipal. O prazo para inscribirse está aberto ata o 13 de outubro.