Skip to main content
Sober

Chega a programación cultural de outono a Sober

Por 9 Outubro, 2021Outubro 10th, 2021Sin comentarios

Chegan os concertos, as actuacións teatro, documentais, presentacións de libros e outras actividades a Sober para conformar a programación cultural de outono.

O primeiro dos actos será a presentación do libro de Moncha Prieto Alma de Barro. Relatos da Ribeira Sacra, unha homenaxe á terra galega, ás paisaxes da Ribeira Sacra, pero tamén á obra humana, á recuperación do labor dos devanceiros e sobre todo da lingua. Esta cita levarase a cabo o próximo venres 15 de outubro.

O acto terá lugar no salón de actos do centro sociocultural de Sober ás 19 horas. Xunto coa a autora do libro estará Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober, Francisco Alonso Villaverde, Director Editorial de Edicións Xerais de Galicia e actuando como moderador o radiofonista J. Luis Osorio.

Haberá un acompañamento musical a cargo do grupo Os Parentes para completar unha xornada amena e de lecer. Así mesmo, hai que lembrar que se levarán a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.