Skip to main content
Taboada

Taboada acolle a campaña Rodas da Sostenibilidade este luns

Por 3 Outubro, 2021Sin comentarios

Arranca a campaña Rodas da Sostibilidade da Federación de Comercio de Lugo en Taboada, que terá lugar o vindeiro luns, 4 de outubro, ás 11.00 horas, no lugar de ubicación da ruleta, na praza de Riazón da vila.

A iniciativa desenrolarase entre as 11 e as 14 horas e repartirá máis de 200 agasallos entre os clientes que presenten un ticket de compra dos establecementos asociados de Taboada, que realizaran unha ou varias compras entre o 20 de setembro e o 4 de outubro. Cunha compra mínima de 10 euros poderán tirar dunha das dúas rodas (unha roda para tiques por valor de entre 10 euros e 49,99 euros e outra para tiques por valor de 50 euros ou máis).

As Rodas da Sostibilidade está organizada pola Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Xunta de Galicia-Dirección Xeral de Comercio e a Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada.

O arranque da campaña contará coa presencia do presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas; a presidenta de ACIMTA, Tamara Castro, e outros directivos da asociación.