Skip to main content
Sarria

Comeza o club de lectura na biblioteca Camilo Gonsar de Sarria

Por 27 Outubro, 2021Outubro 28th, 2021Sin comentarios

Continúa aberto o prazo para que todas aquelas persoas que estean interesadas, se poidan inscribir no club de lectura organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Sarria Camilo Gonsar.

Desta maneira, o prazo está aberto ata o vindeiro venres 29 de outubro. A inscrición pódese realizar de forma presencial na propia biblioteca, situada na rúa Marqués de Ugena, ou chamando ao número de teléfono 982 530 723. Así mesmo, tamén se pode contactar para máis información ou para calquera dúbida.

O club de lectura está dirixido a todos os públicos e busca fomentar a lectura e compartir experiencias entre persoas aficionadas a esta actividade.