Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Recóllense plásticos agrícolas estes días en Castro

Por 19 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei realizará durante os días 20, 21 e 22 deste mes a recollida de plásticos de procedencia agrícola.

Para a prestación deste servizo utilizarase un camión que pasará por aquelas explotacións agrícolas que así o demanden chamando ao teléfono 982 314 034.

Os solicitantes deberán seguir unha serie de normas para a súa recollida. De feito, os plásticos deben estar depositados en puntos de fácil acceso para o camión. Por seguridade, deberán estar apartados do tendido eléctrico e dos árbores que poidan dificultar o movemento da pluma para a carga. Non deben levar arames, terra ou area.