Skip to main content
Vilalba

Comezan as obras de renovación do parque infantil de Basanta Olano

Por 6 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello de Vilalba informa do comezo das obras para a reforma integral do parque infantil da Alameda de Basanta Olano.

A actuación consiste na renovación do pavimento amortiguador de seguridade, a colocación dun sumidoiro que recolla as augas pluviais da praza e elimine os problemas de humidade, a retirada dos xogos existentes e a colocación de novos xogos e aparatos homologados.

Tamén se colocarán mamparas de policarbonato na parte norte e oeste do parque, co obxectivo de evitar as caídas a distinto nivel e cumprir coa normativa vixente.

É un proxecto de máis de 30.000 euros que servirá para renovar por completo o espazo.