Skip to main content
Vilalba

Sete Pontes reclama ao Goberno local o peche dun aparcadoiro do polígono

Por 14 Outubro, 2021Sin comentarios

A Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba manifestou “o noso malestar polo peche, unha vez máis e sin previo aviso, dunha zona de servizos no polígono empresarial de Vilalba”, en referencia ao aparcadoiro municipal situado ao final da rúa do Salgueiro.

Segundo indican dende o colectivo, varias empresas do polígono puxéronse en contacto coa Asociación de Empresarios Sete Pontes para preguntar o motivo e dar as queixas pola eliminación de dito aparcadoiro, que apareceu pola mañá delimitado por unhas cadeas. “Como de costume, ninguen do Concello se puxo en contacto coa Asociación de Empresarios para explicarlle nada ao respecto”, recalcan.

“Sabemos que este aparcadoiro está sendo utilizado por xente incívica para tirar o lixo, o cal rexeitamos, pero consideramos que a solución non é eliminar un servicio para os usuarios do polígono industrial”, explican.

Para eles a solución é a retirada do lixo, posterior limpeza, e a reapertura “inmediata2 deste aparcadoiro municipal, así como o control e vixilancia para que non se siga depositando o lixo nesta zona, “para que siga ofrecendo o servizo para o que foi destinado e que é tan necesario”.