Skip to main content
Vilalba

Organizan cursos de percusión, ximnasia e costura en Nete

Por 29 Outubro, 2021Sin comentarios

A Asociación de veciños de San Cosme de Nete celebrará en novembro unha serie de cursos e obradoiros que darán comezo a primeira semana de mes.

Así, impartirase un de percusión (tamboril e bombo), a cargo de Pablo Pintor, que terá lugar os venres pola tarde en horario de 17.30 a 18.30 horas e ten data de inicio fixada o 5 de novembro.

Así mesmo haberá outro de ximnasia de mantemento que empezará o día 2 e que estará ao cargo de Miguel Río, con sesións os martes e mércores en horario de 21.30 a 22.30 horas.

Finalmente, abrirá outro taller de costura que estará impartido por Feli Vázquez. En pricipio as clases serán de 16.30 a 19.30 horas comezando o 6 de novembro. A monitora explicou que dependendo do nivel faranse quendas. Serán os alumnos os que deberán levar o seu propio material.

Para estes cursos o prazo inicial de remate de inscrición será o 31 de outubro.