Skip to main content
Vilalba

Entrepinares, mellor queixo de ovella segundo os premios Ceheese & Dairy Awards

Por 30 Outubro, 2021Sin comentarios

O queixo Ovella Cru Vello A Reserva de Queserías Entrepinares alzouse co ouro no prestixioso certame internacional Internacional Cheese & Dairy Awards 2021 celebrado en Nantwich, Reino Unido. Este queixo de ovella de Entrepinares situouse no máis alto do pódium dentro da categoría Mellores queixos de ovella de pasta prensada elaborados fóra de Reino Unido.

Adicionalmente, Queserías Entrepinares foi recoñecida coa mención especial Mellor produtor de queixo de ovella, pola asociación de produtores de ovino The National Sheep Association.

Os Premios Internacional Cheese & Dairy Awards 2021 son a maior plataforma do mundo para defender aos produtores de queixo e produtos lácteos a nivel mundial e atraen a máis de 5.500 participantes cada ano. O éxito nestes premios supón un recoñecemento de alto nivel polos comerciantes polo miúdo de Reino Unido e na escena internacional.

Grupo Entrepinares, empresa familiar do sector agroalimentario dedicada á fabricación de queixos e derivados lácteos, está a piques de cumprir 40 anos de historia profundamente ligada ao medio rural. A queixeira naceu en Valladolid da man de Antonio Martín Castro, vinculado ao sector por tradición familiar, co propósito de agregar valor a cada litro de leite a través da elaboración de queixos de alta calidade.

Actualmente conta con catro centros de produción en Valladolid, Fuenlabrada (Madrid), Vilalba (Lugo) e Los Yébenes (Toledo); un centro de loxística e envasado na capital valisoletana; e dúas plantas de tratamento de soro en Castrogonzalo (Zamora) e Vilalba (Lugo).