Skip to main content
Vilalba

Abre o parque infantil da alamenda Basanta Olano de Vilalba tralas obras

Por 30 Outubro, 2021Sin comentarios

Os veciños e veciñas de Vilalba poden desfrutar do parque infantil da alameda de Basanta Olano tras a súa renovación integral por parte do concello.

A actuación consistiu na renovación do pavimento amortiguador de seguridade, a colocación dun sumidoiro que recolla as augas pluviais da praza e elimine os problemas de humidade, a retirada dos xogos existentes e a colocación de novos xogos e aparatos homologados.

Tamén se colocaron mamparas de policarbonato na parte norte e oeste do parque, co obxectivo de evitar as caídas a distinto nivel e cumprir coa normativa vixente.