Skip to main content
Xermade

Realizarán obras de reforma no CEIP de Xermade

Por 5 Outubro, 2021Sin comentarios

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade adxudicará nos próximos días as obras en numerosos centros de ensino da provincia de Lugo, entre os que se atopa o CEIP de Xermade, no que se farán obras de mellora e reforma das instalacións cun orzamento que de preto de 214.000 euros ( 213.883,25 euros).

Os traballos consisten na substitución das ventás existentes no edificio principal, as das aulas e dúas dos baños do edificio secundario (comedor) por carpintería de aluminio con rotura de ponte térmico e vidros de dobre acristalamento, baixo emisivos, acústicos e de seguridade e cámara de aire intermedia. A apertura será oscilobatente.

Tamén se realizará a reparación da fachada interior do patio do edificio principal, así como substitución de canlóns e baixantes neste patio. Instalación de pérgola de conexión entre o edificio principal de aulas e secundario de comedor para favorecer a saída dos alumnos e a protección das inclemencias meteorolóxicas.

Finalmente, reformaranse os baños do edificio de comedores.

O prazo de execución destes traballos é de dous meses e o período para que as empresas presenten as súas ofertas xa rematou polo que se espera que se adxudiquen en breve e podan empezar as obras antes de que finalice o ano.