Skip to main content
Alfoz

Un ano máis Alfoz organiza un concurso de postais de Nadal

Por 10 Novembro, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

Un ano máis a Concellería de Cultura de Alfoz organiza o concurso de postais de Nadal. Dirixido a todo o alumnado do Ceip Castro de Ouro de Alfoz que se dividirá en 3 categorías: Ed. Infantil, 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria e 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Poderán participar todos os rapaces que estén matriculados no Ceip Castro de Ouro de Alfoz e establécense tres categorías que se corresponden cos agrupamentos existentes a día de hoxe: infantil, 1º grupo de Primaria e 2º grupo de Primaria.

As postais estarán relacionadas con motivos do Nadal e quedarán excluídos os traballos cuxo contido poida causar rexeitamento social.

Cada participante só poderá presentar unha obra orixinal e inédita e a técnica a empregar será libre, sempre e cando non leve elementos que sobresaian. As postais serán feitas sobre cartolina de tamaño aproximado DIN A5.

Haberá un premio por cada categoría e ademais as tres postais gañadoras serán reproducidas como felicitación oficial do Concello de Alfoz para o Nadal 2021.

O prazo de presentación das postais rematará o 10 de decembro de 2021, debendo ser entregadas na Biblioteca Pública Municipal de Alfoz de luns a venres de 15.00 a 20.00 horas.