Skip to main content
AlfozO Valadouro

Unha vintena de participantes déronse cita no concurso de pesca de Amigos do Ouro

Por 23 Abril, 2024Sin comentarios

O sábado 20 de maio celebrouse o II Concurso de Pesca organizado pola Asociación Deportiva de Pesca Amigos do Ouro ao longo do couto do río Ouro que baña os concellos de Alfoz e Valadouro. A cita contou con dúas modalidades, mosca e lance, cun total de 20 participantes.

“As capturas foron abundantes e tódolos participantes lograron algunha, un deles capturou unha troita de 50 cm. Despois eran devoltas á auga” apuntou Pablo González, presidente do club. “É de agradecer o bo ambiente vivido durante o concurso e a colaboración de todos os patrocinadores”, engade González, que informa que para este ano a sociedade ten programadas actividades de limpeza do río e xornadas de iniciación á pesca.