Skip to main content
Axenda Caducada

A prestixiosa Compañía Onbeat volve a Burela a representar El Regreso de Scar

Por 23 Novembro, 2021Xaneiro 9th, 2022Sin comentarios

Tras o éxito en 2018 de De Simba a Kiara, o musical tributo a El Rey León, a prestixiosa Compañía Onbeat volta ao Auditorio Municipal de Burela para representar El Regreso de Scar, o musical tributo a El rey león 2. Esta representación será o domingo 9 de xaneiro ás 18.00 horas.

El Regreso de Scar, trátase dunha visión totalmente innovadora tanto pola proposta de guión como pola posta en escena. A primeira delas relata como unha tribo africana revive a Scar buscando o seu rei e este cóntalle a historia de Simba desde un punto de vista moi distinto ao que se coñece.

Doutra banda a presenza en escena do Ballet Internacional de Senegal é totalmente sorprendente, con bailes autóctonos de África, incluíndo percusión en directo e vestiario realizado no propio continente da Sabana. As cancións dos viláns, as máis famosas da película e algunha do musical de Broadway reúnense nun espectáculo único no seu xénero.