Skip to main content
Cervo

O Concello inviste na rede de abastecemento de auga na zona Detrás do Rego

Por 4 Novembro, 2021Sin comentarios

O alcalde Alfonso Villares, a tenente alcalde Dolores García Caramés e a Concelleira Mali Méndez visitaron as obras de abastecemento de auga, saneamento de pluviais e pavimentación de viais en Detrás do Rego, Espiñeirido.

A execución da obra vai substituír a rede de abastecemento de auga existente, así como a renovación do sistema de saneamento de pluviais que dará servicio aos núcleos da zona e a reposición do asfalto dos núcleos afectados pola actuación.

O orzamento total da obra ascende a un total de 39.971 euros, financiados todos eles polas arcas municipais.

Apunta o alcalde Alfonso Villares que “esta actuación ven recomendada polos técnicos municipais, posto que consideraban que a anterior rede de abastecemento ocasionaba múltiples avarías debido a unha irregular colocación, e con unha nova conseguiríase reducir custos de xeito notable. Engade ademais que “con esta obra conseguimos mellorar a dotación existente de infraestruturas e propoñer un espazo público cómodo e accesible desta zona rural para cubrir as necesidades de carácter básico.

O rexedor quixo sinalar tamén que “son obras que están agochadas á vista pública e non se notan, pero son indispensables para o día a día da nosa veciñanza”.