Skip to main content
Ribadeo

O Concello de Ribadeo asinou convenios cos clubs locais para as escolas deportivas

Por 30 Novembro, 2021Sin comentarios

 O Concello de Ribadeo asinou os convenios cos clubs locais para o desenvolvemento das escolas deportivas municipais. Preto do 50% das nenas e dos nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos acoden ás devanditas escolas. Son dez as modalidades que se imparten tras o parón ocasionado o pasado ano pola pandemia.

Hai dez clubs de todos os ámbitos, pádel, natación, fútbol, baloncesto, hockey, atletismo e fútbol sala, e estes clubs de diferentes especialidades, supón unha enorme diversidade e variedade de especializacións deportivas, que queren ofrecer aos nenos e ás nenas do Concello, entre 4 e 14 anos e durante o curso escolar darlles a posibilidade a máis de 400 rapaces da vila e das parroquias que poden participar nalgunha destas especialidades.

O custe anual por neno de cada escola deportiva é de 60 euros.