Skip to main content
Axenda LUGOXALugo

A sede de Afundación en Lugo acolle a mostra Castelao grafista (Facsímile)

Por 13 Novembro, 2021Sin comentarios

A sede de Afundación na cidade de Lugo acolle ata o 31 de xaneiro a mostra Castelao grafista (Facsímile), organizada pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester e a Real Academia Galega de Belas Artes e patrocinada pola Xunta  Galicia. 

O proxecto está comisariado por Miguel Fernández Cid e reúne unha ampla selección de materiais das múltiples facetas desenvolvidas por Castelao, na que se poden atopar textos, ilustracións, deseños, fotografías ou publicacións.

A mostra que se pode visitar en Lugo está formada por tres retratos fotográficos, catro caricaturas, 89 debuxos da serie Cousas da vida e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais, poderase ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar dous manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, tres páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por el e tres debuxos.

O proxecto tamén ten por obxecto facelo máis visible internacionalmente e establecer unha rede de bibliotecas nas que se poida consultar a estudar a súa obra, por medio dos centros Instituto Cervantes e dos centros culturais dependentes do Ministerio de Asuntos Exteriores de todo o mundo.