Skip to main content
A Fonsagrada

3º Certame de Escaparates e Decoración de Nadal na Fonsagrada

Por 20 Novembro, 2021Sin comentarios

Dentro da campaña de Nadal e co obxectivo de dinamizar e fomentar o comercio e o sector servizos do municipio, dende o Concello de A Fonsagrada convocan o “3º Certame de Escaparates e Decoración de Nadal para establecementos comerciais 2021″.

O presente concurso ten como finalidade a creatividade do pequeno comercio do Concello, premiando aos negocios coa mellor decoración do Nadal e que proporcionan un mellor ambiente festivo, fomentando as actuacións de promoción e animación que atraian ao público a visitar os negocios do municipio nesa época. Mediante esta campaña conséguese que as empresas sexan atractivas para os visitantes e os veciños visualicen a calidade dos seus produtos e servizos.

Poderán participar no concurso todos os establecementos comerciais abertos ao público no Concello da Fonsagrada, independentemente da súa actividade.

O tema a desenvolver na decoración será relativos as Festas de Nada. A técnica e o estilo serán totalmente libres.

Os interesados en participar no concurso deberán realizar a súa inscrición seguindo as bases e enviando o formulario a escaparatesfonsagrada@gmail.com. A data límite é o 14 de decembro do presente ano. A inscrición é gratuíta.

Os establecementos que participen no certame estarán identificados cun cartele deberán manter a decoración de Nadal dende o día 15 de decembro de 2021 ata o 7 de xaneiro de 2022. Esta decoración gardará relación directa co Nadal. Os participantes deberán enviar unha fotografía coa mellor calidade posible do escaparate ou negocio unha vez decorado do 15 ao 21 de decembro de 2021.

Os premios serán tres diplomas aos tres comercios finalistas e as seguintes cantidades económicas:
Premio á mellor iluminación: 300€
Premio á mellor ambientación de Nadal: 300€
Premio ao máis orixinal: 300€