Skip to main content
Lugo

O BNG realizou unha ofrenda floral polo 103 aniversario da Asemblea Nacionalista de Lugo

Por 18 Novembro, 2021Sin comentarios

O Grupo Municipal do BNG realizou un acto de lembranza no 18 de novembro, aniversario da I Asemblea Nacionalista de Lugo, fronte ao Hotel Méndez Núñez, lugar onde se realizou a cea posterior á Asemblea de 1918. A parlamentaria do BNG, Carme Aira, e o portavoz do BNG e Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, realizaron a ofrenda floral coa que o BNG quixo lembrar esta data.

“Queremos facer esta lembranza simbólica para lembrar un acontecemento importante na historia de Lugo e de Galiza”, afirmou Rubén Arroxo, que destacou que “a Asemblea de 1918 foi o punto de partida para o nacionalismo galego contemporáneo”.

A I Asemblea Nacionalista, celebrada en Lugo o 17 e 18 de novembro de 1918, contou coa presenza de autores destacados do nacionalismo galego, como Castelao, Ramón Cabanillas, os irmáns Vilar Ponte e o lucense Lois Peña Novo.

Na Asemblea de Lugo do 1918 asinouse o manifesto que serviu de base para os programas do nacionalismo galego. No mesmo defínese a Galiza como nación, e afírmase que “son chegados os tempos de erguer a alma e o pensamento de Galiza, e, sobre todo, a súa soberanía completa e sen cativeces”.